DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

xoves, 28 de febreiro de 2013

EXITO INESPERADO

Moitas veces os nenos acaban entretendose e xogando co que menos esperas.
Un dos días do calendario de advento recibiron un agasallo, que semellaba un puzzle raro.
Tivo un gran éxito. Xogaron moitas veces con el.
 
 
Atopamolo en Pórtico.


mércores, 27 de febreiro de 2013

PROXECTO MAMUT 2

Xa estaba interesada no mundo do scrapeado fai tempo, pero non tiña nin idea de todo este mundo nin do moito que podia aprender buscando información.
O caso é que intentei facer ao meu xeito algún amago parecido.
Agora que o vexo non me gosta moito, pero non penso correxilo, forma parte da miña historia de scrapera.
 
Estas son as imaxes do que fixen fai uns 5 anos, xa que Sabela acababa de nacer e o domingo cumpliu  6 anos.
 

 
 


luns, 25 de febreiro de 2013

WEB 2.0

Dende que fixen ocurso de experto universitario en "Alumnado de Altas Capacidades"  sigo o blogue do profesor  Javier Tourón.
Trátase de información interesantísima sobre  cuestións moi especificas de educación e concretamente da educación dos mais capaces.
Gustariame compartir unha entrada que fai un compañeiro seu , con unha reflexión moi interesante sobre as chamadas novas tecnoloxias ou Tics e o seu uso no ensino.
 
 

mércores, 20 de febreiro de 2013

martes, 19 de febreiro de 2013

APRENDER EN FINLANDIA

 
 
Non fai moito falaba da educación en Finlandia.
Evitaba comparacións imposibles, xa non entre escolas senon entre sociedades.
Se queredes saber algo máis sobre a educación nese pais tqndes aquí unha páxina interesante.

 
http://aprender-de-finlandia.blogspot.com.es/


Tamén este blogue dunha mamá española que vive en Finlandia podenos axudar a enterder esa sociedade que está tan lonxe da nosa

http://finlandianoestatanlejos.blogspot.com.es/

luns, 18 de febreiro de 2013

QUE MANCHAS!!

Que horror, unha mancha nas zapatillas!
 
NON IMPORTA
 
Sempre podes continuar e conseguir, si tes sorte, algo tan chuli como isto!
 


domingo, 17 de febreiro de 2013

QUE IDEA!!

Queredes colgar algo nunha parede que non está feito para colgar?
Mirade esta idea!
 


sábado, 16 de febreiro de 2013

ENTRADA ESTRELA DO BLOGUE

A entrada máis vista do blogue en todo este tempo foi a das LETRAS DECORADAS, que podedes recordar.
Nese post prometia ofrecer outros detalles da habitación e creo que chegou ese momento.
aqui tedes unhas imaxes, do cuarto en xeral e de algún detalle
 


 
 
 


venres, 15 de febreiro de 2013

CHOVE QUE CHOVE!

Este ano creo que a prenda que máis partido se lle pode sacar e a un chubasqueiro
 


xoves, 14 de febreiro de 2013

JA, JA , JA

Como xa comentei en outras ocasións leo con entusiasmo o blogue  migremlinnomecome.
 
E foi alí onde vin este video co que me rir un montón.
 
 


mércores, 13 de febreiro de 2013

SAN VALENTIN

Marcelo decideu celebrar o dia de San Valentín hoxe.
Según el é unha mágoa celebrar este dia tan bonito cando hai cole.
De modo que adiantamos a data.
Na nosa casa o dia de san Valentín é o 13 de Febreiro, polo menos este ano
 


martes, 12 de febreiro de 2013

luns, 11 de febreiro de 2013

sábado, 9 de febreiro de 2013

TEATRO DE TITERES

Sigo tendo pendente facer o teatro de titeres para a porta da habitación de Sabela.
Teño intención de facelo estes 5 dias de descanso. Serei capaz?
 

Source: etsy.com via Isabel on Pinterest

venres, 8 de febreiro de 2013

DISFRACES

Como todas as mamás nestas datas ando a buscar algún disfraz orixinal, fácil de facer, comodo, etc para que leven os nenos.
E atopei este que me gustou un montón.
Ningún deles o quere levar pero gustame tanto que ao mellor hasta me disfrazo eu
 


Source: ohhappyday.com via Mami on Pinterest

xoves, 7 de febreiro de 2013

FINLANDIA

Dos problemas ou resultados da educación fala todo o mundo, porque todo o mundo se cree con dereito a falar cando hai nenos por medio porque os nenos son de todos.
Pero antes de falar mal do sistema educativo, que ten cousas moi malas, e eu son a primeira en reciñecelo, deberiamos saber algo mais.
Cada sistema educativo está dentro dunha sociedade.
Tal e como e esa sociedade así será o sistema educativo.
Como todos falamos da educación, todos deberiamos tr a seguinte información.



mércores, 6 de febreiro de 2013

NOVAS IDEAS

Mirade unha nova idea para gardaros lápices, rotulas, pinturas... e que ademais podemos facer cos nenos e con material de refugallo.


martes, 5 de febreiro de 2013

CAMBIOS PISO

Buscando ideas para facer algún cambio no piso de Rosalia.
En canto se vaia o inquilino quero facerlle un bo cambio para poder ofrecer algo diferente.
E por suposto canto mais branco mellor.
Aquí hai algunhas ideas que me gostan
pero teño acumuladas unhas cantas máis nun álbun de
Pinterest
Source: elmueble.com via Isabel on Pinterest



















luns, 4 de febreiro de 2013

A NEVADA DO 2013

A fin de semana pasada fomos cos nenos a xogar un pouco á neve.
Pasámolo moi ben.
Un dia precioso.
 
 
Decidimos  ir o sábado porque non sabiamos cando poderemos volver.
Así que ida por volta dende Pontevedra chegamos a Manzaneda en algo máis de 2 horas. Comimos alí uns bocatas para aprobeitar o mediodia e o soliño e voltamos despois de cear ovos fritidos con xamón  en Pobra de Trives, no Hostal La Viuda
Chegamos cansos, os nenos durmindo no coche pero felices por pasalo moi ben e disfrutar dun día estupendo.
 
 



domingo, 3 de febreiro de 2013

PROXECTO MAMUT 3

Seguindo o grupo de Facebook do Proxecto Mamut e as conversas que se fan nel vexo que, en xeral, a xente está preocupada por conseguir os albunes orixinais, que teñen unhas medidas determinadas e son específicas para isto.
Eu sinceramente vou a pasar olimpicamente.
Teño un albún precioso en tamaño folio A3, estupendamente forrado por min e que con cartulinas de colores do mesmo tamaño vou a utilizar.
Do que se trata e de colocar fotos de forma bonita e que me goste, seguindo unha técnica de scrapeo, ou non?
Pois iso e o que vou a facer. Si non teñen as medidas 30x30, a quen lle importa?
 
 
 






PROXECTO MAMUT 1

Os meus avances no proxecto Mamut no mes de xaneiro foron estes
 
 
O que fixen foi coller todalas fotos que tiña en papel e clasificalas por eventos, e dentro de estes por datas, aínda que non exáctas.
Po rexemplo: Antroido, ano 2005, 2006, etc; ou actividades cole: teatros, festas, etc
 
O próximo traballo será seleccionar todalas fotos que teño en formato dixital, xa mais ou menos ordeadas e imprimir as que quero escrapear.
 
En canto a reordear os albunes tóxicos, creo que vou a pasar porque os teño moi ben colocados e adornados e aínda que algo se estropeen seguramente van a durar mais ca min. A pesar da sua toxicidade gústanme como son.